Hemeroteca

Asset Publisher

Back Normas para saber vivir na sociedade moderna represéntase o sábado no Auditorio de Mera

Oleiros, 7 de abril de 2017-. A compañía Sarabela Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Normas para saber vivir na sociedade moderna, Jean Luc Lagarce e dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda. Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich protagonizan esta obra de teatro.

Nacer non é complicado. Morrer é moi doado. Vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible. Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz desta obra teatral a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade.

As entradas para esta comedia poñeranse á venda a un prezo de 3,50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link