Oleiros, 26 de novembro de 2018-. A obra de construción de beirarrúas desde Lamastelle ata As Pedreiras e desde ese punto ata o colexio Cristo Rei, no Carballo, atópase a piques de concluír.
O Goberno municipal conseguiu o solo necesario para a creación dun carril bici nesta zona logo de chegar a acordos de cesión gratuíta cos propietarios lindeiros coa estrada e instou á Xunta de Galicia á que contratase a obra, xa que a estrada é de titularidade autonómica. Nesta actuación conserváronse todas as árbores autóctonas existentes no percorrido.