Oleiros, 28 de febreiro de 2018-. O teatro das Torres de Santa Cruz acollerá o vindeiro martes 6 de marzo, ás 20:30 horas a presentación de Casandra, o novo disco da cantautora galega MJ Pérez. Esta cantautora regresa a Oleiros acompañada por Pablo González á guitarra e ao teclado.
Casandra é o primeiro álbum de estudo da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda, con colaboracións especiais entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás, ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ Pérez.