Oleiros, 6 de xuño de 2014-. Mera acolle mañá sábado día 7 de xuño a celebración da I Bandeira de traiñeiras Baía de Mera. Esta competición, que dará comezo ás 18.00 horas, está organizada polo Centro Deportivo Mariñeiro de Mera co apoio do Concello de Oleiros. Está previsto que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, faga entrega dos trofeos a última hora da tarde do sábado, unha vez rematada a competición. Polo momento, confirmaron a súa presenza un total de 15 clubs con 17 embarcacións en total. Os equipos participantes son os seguintes: