Oleiros, 30 de xullo de 2021-. O pleno municipal acordou designar como festivos locais de Oleiros para o ano 2022 o martes de Entroido (1 de marzo) e o luns de Pascua (18 de abril). San Xoán seguirá a ser festivo tamén o vindeiro ano por designación autonómica.