Oleiros, 25 de setembro de 2019-. Mañá xoves día 26 celébrase o pleno ordinario do mes de setembro do Concello de Oleiros, ás 20:00 horas na Casa Charry. Entre outros asuntos, o Goberno municipal aprobará os festivos locais para o ano 2020 que serán o martes de Entroido (25 de febreiro) e o luns de Pascua (13 de abril).
Ademais deste asunto, o Goberno aprobará a conta xeral do Concello do ano 2018, a solicitude de subvención á Deputación Provincial da Coruña para a Feira Alfaroleiros e a modificación de varias ordenanzas fiscais, entre outras cousas.