“Detective Ferruchi” de Marta Villar é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final e erixiuse vencedora do Premio Xerais de Novela 2024, que chegou a súa 61º edición.
Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela foi «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023). No ano 2024 estreouse tamén no eido da literatura infantil con «Os peidos máxicos de Sultán» editada por Xerais.