Hemeroteca

Asset Publisher

Back Marino e Obrero arrincan con forza no trofeo municipal de fútbol

Oleiros, 01 de agosto de 2016-. Esta fin de semana arrincou a edición XLVI do Torneo de Fútbol Concello de Oleiros. Marino de Mera e Obrero de Oleiros conseguiron dúas importantes vitorias que os converte en líderes dos seus respectivos grupos.

O Marino conseguiu a vitoria máis ampla da xornada inaugural da Copa de Oleiros ao derrotar por un contundente 10-2 ao Atlético Perillo. Os merachos deixaron patente a súa superioridade, o que lles permite ocupar a primeira praza do grupo B. Hércules e Atlético San Pedro, os outros dous equipos deste grupo, empataron a un tanto nun partido moi igualado.

No grupo A, o Obrero venceu por 4 goles a 1 ao Santa Cruz. O empate a dous goles entre o Xuventude de Dorneda e o Unión Campestre de Montrove fai líderes os de Oleiros.

Entre o mércores e o xoves disputaranse os encontros da segunda xornada. Estes son os horarios:

GRUPO A

Obrero- Unión Campestre (mércores 20:30 h, Eugenio Pardo Conchado)
Xuventude de Dorneda – Santa Cruz (mércores 20:30 h, O Codesal)

GRUPO B

Hércules -Perillo (mércores 20:30 h, Anido)
Atlético San Pedro-Marino (xoves 20:12 h, Vilanova)


MÁIS INFORMACIÓN

back link