Oleiros, 26 de febreiro de 2014-. O auditorio da Fábrica acolle este sábado día 28 a partir das 20.30 horas a actuación do cantante Marcos Meléndrez. Unha voz como a de Marcos Meléndrez é das que se quedan na memoria. Os seus discos e actuacións con Los Doré nos anos 90 deixaron unha pegada en moitos afeccionados á música en Galicia. Agora, cun trío formado por grandes músicos á guitarra, percusión e contrabaixo, volve cun espectáculo de boleros clásicos. Esta actuación pon fin ao ciclo Voces cálidas para noites de inverno programado polo Concello de Oleiros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.