Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mamá Cabra actúa mañá en Oleiros

O concerto terá lugar ás 18.30 horas na Fábrica, en Perillo

Oleiros, 29 de decembro de 2010-. O Concello de Oleiros, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Organismo Autónomo Municipal de Cultura, organiza o concerto do grupo Mamá Cabra. O acto terá lugar mañá xoves, 30 de decembro, ás 18.30 horas na Fábrica, en Perillo. Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

Patatín Patatán é o quinto traballo de Mamá Cabra, un disco que xorde coa intención de facer cantar, moverse e bailar. Nace de cancións populares que pasaban de xeración en xeración, cantos que escoitabamos de pequerrechiños, que nos facían xogar cos amigos e amigas, e tamén cantos que nos veñen doutros mundos: veñen pola tele, pola radio, por internet...

back link