Hemeroteca

Asset Publisher

Back Maianca celebra a XII Romaría de San Cosme

Oleiros, 26 de setembro de 2013-. A parroquia de  Maianca celebra este sábado ao longo de todo o día a súa XII Romaría de San Cosme. As festas comezarán ás 13.30 horas cunha misa solemne. Posteriormente, terá lugar un pasarrúas e unha sesión vermú  amenizada pola orquestra Juan Mallo. Ás 14.30 será a churrascada. Xa pola tarde celebrarase o campionato de tute e os xogos tradicionais galegos. Pola noite comezará a verbena con Juan Mallo e tamén haberá chocolatada e a esperada Festa do Mojito.

Durante toda a xornada haberá dúas carpas instaladas polo que a choiva non supoñerá un problema ou un impedimento para aqueles que queiran gozar desta xornada festiva. Tamén se instalarán inchables gratuítos para os máis pequenos.

 

back link