Hemeroteca

Asset Publisher

Back Maña cortarase o tráfico no carril dereito da avenida Concepción Arenal, en Santa Cruz

Oleiros, 18 de decembro de 2018-. Debido ás obras de renovación da rede principal de abastecemento de auga de Santa Cruz, mañá mércores 19 de decembro será preciso realizar un corte de circulación na avenida Concepción Arenal, dirección A Coruña, á altura da rúa Arandeira. A interrupción da circulación efectuarase a partir das 9:30 horas.

Para evitar problemas de tráfico, o Concello de Oleiros recomenda a todos os vehículos que empreguen a rúa Eduardo Pondal. O corte só se realizará durante a xornada de mañá mércores.

back link