Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá inaugúrase o parque en honra á matemática María Wonenburger na urbanización Icaria

Oleiros, 27 de xuño de 2012-. O Goberno local de Oleiros celebra mañá un pequeno acto de inauguración no que se nomeará oficialmente o parque da urbanización Icaria como parque María Wonenburger, en honra á matemática natural de Montrove. O acto celebrarase ás 12.30 horas nesta zona verde situada na rúa de Ícaro.
 
A matemática María Wonenburger Planells é experta en Teoría de Grupos clásicos e realizou un importante traballo no estudo dos automorfismos deses grupos. Varios autores utilizaron as súas ideas no desenvolvemento das súas teorías. Ademais é experta en álxebra de Clifford, especialmente na súa aplicación en Física e na Teoría de Representacións Álxebras.
 
Wonenburger, se doctoró na Universidade de Yale cun traballo chamado «On the Group of Similitudes and its Proyective Group» e que foi autorizado polo prestixioso matemático Nathan Jacobson. Posteriormente levou a cabo o seu labor docente e investigadora en institucións como a Universidade de Buffalo, a Universidade de Toronto ou a Universidade de Indiana. Así mesmo, foi investigadora no Instituto Matemático Jorge Juan do CSIC onde realizou outra tese Doutoral titulada «Representación espinoral dos grupos de semellanza.
 

back link