Oleiros, 27 de marzo de 2015-. O Concello de Oleiros inaugura mañá sábado o Monumento á xente do mar que será instalado no porto de Lorbé. No acto, que terá lugar no porto a partir das 19.00 horas, participarán o Concello, a Confraría de pescadores e redeiras do pobo. Trátase dun monumento demandado pola comunidade mariñeira de Lorbé como homenaxe á xente do mar, que foi presentada ao Concello a través da confraría. Será unha escultura realizada en granito de ao redor de tres metros de altura asinada polo escultor Francisco Escudero.