Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá constitúese o novo goberno local

Oleiros, 10 de xuño de 2011-. Mañá sábado día 11 de xuño ás 12.00 horas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria para a constitución do novo Goberno local e de toda a corporación. O pleno celebrarase no salón de actos do centro cultural A Fábrica, en Perillo, por cuestións de capacidade. Os asuntos que se tratarán será a constitución da mesa de idade e a comprobación das credenciais, a toma de posesión dos membros electos da Corporación, a posta a disposición do arqueo e do inventario de bens municipais para que a Corporación entrante poida proceder á súa comprobación documental e, finalmente, a elección e toma de posesión do alcalde.

back link