Oleiros, 14 de setembro de 2012-. Mañá sábado comeza o III Ciclo de teatro Xuvenil que organiza o Concello de Oleiros. A programación, que se prolongará durante os próximos tres sábados, prevé para mañá o pase da obra Tesmoforias, de Aristoteles, coa adaptación e a dirección de Susana Crespo. O espectáculo comezará ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. O prezo da entrada será de 2 euros. As entradas estarán á venda desde as 19.30 horas no mesmo auditorio.