Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá comeza a tempada de praias no Concello de Oleiros

Oleiros, 14 de xuño de 2016-. Desde mañá e ata o 15 de setembro estenderase a tempada de praias no Concello de Oleiros. Para afrontar da mellor maneira posible o incremento de persoas que se produce nesta época e continuar ofrecendo uns servizos de calidade a todos os veciños e veciñas do municipio, foron contratadas un total de 59 persoas para esta campaña de verán.

O servizo de salvamento e socorrismo estará composto por un total de 38 persoas. As praias do municipio contarán con 24 socorristas, 5 patróns de embarcacións, 6 sanitarios, un supervisor e dous xefes de equipo. O alcalde, Ángel García Seoane, lembrou esta mañá a importancia de respectar as ordes dos socorristas e as normas existentes para poder gozar con seguridade dos areais.

Os traballos de limpeza nas praias realízanse durante todo o ano cada dúas semanas. Desde xuño e ata finalizar setembro os operarios limparán a diario os areais. Tamén se realizarán traballos de limpeza nas calas en días alternos.

Así mesmo, catro auxiliares de policía reforzarán o corpo de seguridade local na época estival. Tamén haberá contratacións nas áreas de turismo, servizos municipais e parques e xardíns para seguir ofrecendo uns servizos de máxima calidade.
 

back link