Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá abre o prazo de pagamento de cinco impostos municipais

Oleiros, 28 de febreiro de 2018-. Desde o día 1 de marzo e ata o 30 de abril terá lugar o período voluntario de pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, da taxa por entrada de vehículos e reserva de espazo, da taxa de cemiterios municipais, da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e finalidade lucrativa e da taxa polo aproveitamento de dominio público con caixeiros de entidades financeiras e máquinas expendedoras instaladas nas fachadas e manipulables desde a vía pública. Os cargos dos recibos que se atopen domiciliados nas entidades bancarias realizaranse o 2 de abril.

Tamén é posible realizar o pagamento no edificio de Facenda Municipal, na avenida Francisca Herrera 3, de 8:30 a 13:30 horas; en calquera dos bancos colaboradores e na páxina web do Concello de Oleiros, na Sede electrónica. As dúbidas poden ser consultadas a través do correo electrónico recadacion@oleiros.org ou no teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

 

back link