Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá abre o prazo de matriculación na Escola Municipal de Música para o novo alumnado

Oleiros, 14 de xullo de 2020-. A Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros terán aberto o prazo de preinscrición para o novo alumando entre o 15 e o 22 de xullo. O día 23 publicarase a relación de admitidos, entre o 24 e o 30 deberán pagarse as matrículas e 31 de xullo publicaranse as listaxes de agarda.

 
As inscricións realizaranse a través dun enlace ao que se poderá acceder desde a web municipal, no apartado da Concellería de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta é posible chamar ao 981 639 143.
 
Para o vindeiro curso escolar 2020-2021, a Escola Municipal de Música conta con 460 prazas.
 
back link