Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá abre o prazo de inscrición para participar no XXIX Tríatlon Concello de Oleiros

Oleiros, 6 de marzo de 2018-. As persoas interesadas en participar no XIX Tríatlon do Concello de Oleiros poden inscribirse na competición desde o día 7 de marzo ata o xoves día 14. Para tramitar a solicitude, os deportistas deberán acceder ao formulario creado na web municipal e achegar os datos que se piden.

Esta carreira está programada para o vindeiro sábado día 12 de maio, ás 16:00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. Nesta proba poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI). Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.

O 15 de marzo, a partir das 12:00 horas, publicarase a listaxe de persoas preinscritas na web municipal. O día seguinte, ás 12:00 horas, farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas (resolverase por sorteo de letra), e o 19 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.

O prazo de pagamento irá do 22 ao 28 de marzo. As 200 persoas agraciadas no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas, para facer a licenza dun día, deberán achegar ademais a copia do DNI. O custo orientativo da inscrición para todos os participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.

MÁIS INFORMACIÓN

back link