Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá ás 20:30, teatro no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

Oleiros, 11 de setembro de 2015-. A compañía teatral Caruncho presenta mañá sábado ás 20:30 o seu espectáculo O Canobacho de Pierrock. Trátase dunha comedia tenra e divertida sobre a procura do amor e a felicidade. Está escrita e dirixida por Caruncho e actuarán Lara Capeáns, Iria Mourón e Anahí Taraburelli.

A obra está ambientada en Bérgamo, no século XVII. Rosinha, emigrante portuguesa, quere casar con Arlequino. Necesita algo novo, algo vello, algo prestado e algo azul. Arlequino, ama profundamente a Rosinha… e a tantas outras. Pierrot, amigo de Arlequino, quere declararse a Rosinha, pero quedou sen voz no peor dos momentos.
 

back link