Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá ábrese o prazo para as actividades de verán

Oleiros, 22 de abril de 2014-. O Concello de Oleiros abre mañá o prazo para inscribirse no Programa de actividades de verán, exprésate!! 2014, dedicado a rapaces e rapazas en idade escolar. As preinscricións levaranse a cabo desde mañá 23 de abril ata o 9 de maio na conserxería da Fábrica. O horario será de 8.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.30 horas. Tamén serán posibles as inscricións a través da web municipal www.oleiros.org, na Carpeta Cidadá. Non é necesario estar rexistrado para poder realizar este trámite e trátase dunha xestión moi sinxela. A partir do martes 17 de xuño as prazas vacantes poderanse ocupar por calquera persoa interesada, non será necesario estar en lista de reserva.


Calendario de inscrición 2014
 
 Do 23 de abril ao 9 de maio: preinscrición

 Do 19 ao 21 de maio: publicación de listas e reclamacións

 O 23 de maio: sorteo público

 Do 28 ao 30 de maio: publicación de lista definitiva

 Do 2 ao 13 de xuño: pagamento e entrega de documentación
 

back link