Oleiros, 24 novembro de 2010-. Mañá xoves día 3 de xuño, ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Charry, celebrarase o pleno ordinario correspondente do mes de novembro. Dentro da orde do día da sesión plenaria de mañá destaca a aprobación, se procede, das obras a engadir no Plan de obras e servizos da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2011 e a posible aprobación do expediente de contratación, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, do servizo denominado «Mantemento de xardíns e zonas verdes do Concello de Oleiros». Ademais, tamén se votará a imposición de prezo público para a venda de libros do Certame Revela 2009.