Hemeroteca

Asset Publisher

Back Música na rúa en Santa Cristina e Mera este sábado 8 de agosto

O programa Música na rúa regresa este fin de semana ás rúas de Santa Cristina e Mera. O sábado 8 de agosto en horario de 20:00 a 22:00 horas, Alda Varez¬Richi Ponce, #dosenpunto e Sophie Simonds poranlle son á noite de verán.

O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina e Mera.
 
Os lugares onde se desenvolverán as actuacións e os grupos serán os seguintes:

- Santa Cristina (Zona A Maquía): Alda Varez & Richi Ponce –versións pop, rock e soul-.
- Santa Cristina (Praza Afundida): #dosenpunto –grandes éxitos do pop español dos 80-. 
- Mera (zona O Arxentino): Sophie Simonds –versións pop e temas propios, multiinstrumentista-.
 
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.

back link