Oleiros, 11 de setembro de 2017-. O Concello de Oleiros pon en marcha un ano máis o programa de natación escolar no que máis de 500 nenos e nenas realizan esta actividade nas piscinas municipais da Fábrica, Perillo, Oleiros e Dorneda. Os cursos consisten nunha sesión semanal durante todo o curso académico, coincidindo co propio calendario escolar.
Todas aquelas nais e pais interesados en apuntar aos seus fillos a estas clases deben dirixirse directamente ás piscinas, onde recibirán ampla información sobre os diferentes grupos existentes, os horarios e as inscricións. O prazo para apuntarse remata o venres día 15 de setembro.