Hemeroteca

Asset Publisher

Back Máis de 450 alumnas e alumnos de primaria gozan do Concerto de Gramola Gominola no Auditorio de

Oleiros, 12 de maio de 2017-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolleu o concerto de Gramola Gominola ao que asistiron máis de 450 nenas e nenos dos centros de ensino publico de Oleiros de 1º e 2º de primaria. Co gallo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Oleiros agasallou o alumnado cun concerto de música infantil integramente en galego.

Deste xeito, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística pretende promover a lingua galega a través da música, fomentar o uso da lingua entre os nenos e as nenas e amosar que a nosa lingua ten cabida en todos os ámbitos: música, teatro, lecer...
 

back link