Hemeroteca

Asset Publisher

Back Máis de 300 mozos e mozas participarán no roteiro cultural e literario

Oleiros, 29 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros e o IES Miraflores organizan unha nova edición do roteiro cultural e literario que consistirá nun recorrido por distintos lugares do municipio relacionados con Manuel Abelenda, María del Adalid González e Xosé Neira Vilas, como unha homenaxe a todas eles. Máis de 300 alumnos dos centros de ensino público do municipio, desde 6º de primaria ata 1º de bacharelato, participarán nesta actividade.

O percorrido comezará nas Torres de Santa Cruz onde se proxectarán imaxes de diversas obras do pintor Manuel Abelenda. Despois, na rúa do Pombal, poderán ver a casa deste pintor e marcharán desde alí ata o Instituto Neira Vilas no que se homenaxeará ao escritor que lle dá nome ao centro. Posteriormente realizarase unha parada diante da Escola María del Adalid para finalizar o roteiro, coñecerán a casa da pintora María del Adalid: o Pazo de Lóngora en Montrove.

En todos estes lugares será o propio alumnado o que irá presentado a cada un dos personaxes homenaxeados. Realizarán estas presentacións, polo instituto Miraflores: Bruna Frazao, Paula Carracedo, Laura López, Samuel Ramil, Valeria García, María Eiroa, Carmen Vicedo e Cristina Álvarez. Polo Instituto Neira Vilas: Pablo Basante, Lucas Canle, Eduardo Giménez, Guillermo Huelin, Emilio Ríos, José Rodrigo Santos, Ignacio Valeiras e Marcos Vázquez. Tamén colaborarán Eugenia Bermúdez, Candela Pía e Orleni Meteo. Neste centro acabarase cunha actuación musical a cargo dos alumnos Lucía Sigüeiro, Xoan Carro e Jacobo Juanatey baixo a dirección do profesor de música Jesús Fernández Llaneza.

No Pazo de Lóngora finalizarase con outra actuación musical. O día 30, a cargo do músico Roi Casal, que formou parte de Milladoiro, e que publicou o disco titulado “Son galego, Son cubano”, un traballo realizado conxuntamente con Xosé Neira Vilas e con letras do propio escritor. O día 31 será a cantante de ópera, Victoria Álvarez, a que porá o toque final a estes recorridos. Esta soprano, que vive no concello, clausurará a actividade.
 

back link