Hemeroteca

Asset Publisher

Back Máis de 200 persoas reciben en Oleiros á tripulación da Frotiña da Liberdade

O auditorio da Fábrica foi o escenario da recepción que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, celebrou coa tripulación do buque Handala, atracado na Coruña no seu periplo cara a Gaza para a entrega de axuda humanitaria. A Frotiña da Liberdade achegouse a Oleiros para participar nun coloquio no que ademáis de alcalde e Filipe Lopes, en representación da tripulación, tamén contou con Cándido Pazó, Félix Arias e a artista palestina Rana Hamida, que viaxa no barco.

As accións levadas a cabo pola Frotiña da Liberdade están encamiñadas a denunciar o ilegal bloqueo israelí ás augas territoriais palestinas. Estas accións son pacíficas, de sociedade civil a sociedade civil, e piden o respecto dos dereitos humanos do pobo palestino, así como o fin da colonización e limpeza étnica que se está realizando en Palestina.

Israel, como potencia colonial ocupante, debería  acatar a legalidade internacional cumprindo coas resolucións das Nacións Unidas e os organismos internacionais que lle obrigan a poñer fin á ocupación -incluída Xerusalén Este-, ao bloqueo, a derrubar o muro de ocupación, a permitir o regreso da poboación refuxiada que expulsou e compensala polos danos e prexuízos. Ademais, a potencia ocupante debe ser xulgada polos crimes cometidos.

back link