Oleiros, 22 de xullo de 2016-. Un total de 212 patinadores procedentes de Portugal e de diversas partes de España participan mañá no XIX Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade. As carreiras comezarán ás 16:00 horas e transcorrerán polas rúas do polígono de Iñás.
Os 21 equipos participantes veñen desde Portugal e varias comunidades autónomas. Entre os patinadores participantes destaca a presenza de David Álvarez, cun importante palmarés cheo de medallas europeas e internacionais.
O domingo continuará a competición en Iñás desde as 10:00 horas coa celebración do XXII Trofeo de Patinaxe de Velocidade da SCD Rabadeira. Tanto o sábado como o domingo haberá carreiras en todas as categorías, desde mini ata absolutos masculinos e femininas.