No pavillón Arsenio Iglesias o importe das obras será de 296.650 euros, incluíndo tamén o cambio do pavimento. Tamén se van renovar os tellados das Torres de Santa Cruz, cun gasto de 200.000 euros. Por cuestións climatolóxicas, deportivas e escolares, a cuberta do pavillón do Valle Inclán renovarase no verán. Tamén está prevista a da polideportiva de Iñás e a da polideportiva de Meixonfrío, en Santa Cruz.
Aínda que o Concello xa tiña previsto e consignado nos orzamentos municipais os fondos necesarios para estas obras, as fortes e persistentes precipitacións destas últimas semanas están a causar diversos danos. Tan pronto como as condicións climatolóxicas o permiten e finalicen os trámites de contratación executaranse as obras.