Hemeroteca

Asset Publisher

Back Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade

Nun destacado medio de comunicación podía lerse onte o titular “En un año se han duplicado las familias pobres” en Oleiros. É mentira.

Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron.

O Concello de Oleiros destina a Servizos Sociais e Igualdade 4 millóns de euros anuais. A política social do Goberno municipal garante que aqueles veciños e veciñas que atravesan situacións económicas graves, independentemente do seu lugar de nacemento, reciban axudas para acceder a produtos frescos en supermercados; aluguer e factura da luz; gratuidade do comedor escolar; compra de electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; medicamentos; actividades organizadas polo Concello,...

back link