Hemeroteca

Asset Publisher

Back Libre coma os paxaros, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 26 de outubro de 2021-. Teatro do Atlántico presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o drama Libre coma os paxaros. María Barcala protagoniza esta obra que dirixe Xúlio Lago.

 
A base fundamental para a elaboración da posta en escena deste espectáculo son os textos de Rosalía de Castro -Lieders, poemas, artigos, prólogos-, engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar o pensamento da nosa autora e o seu compromiso irrenunciable diante dos acontecementos e conflitos protagonistas na sociedade do seu tempo, e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos preocupan.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
back link