Hemeroteca

Asset Publisher

Back Lamentable utilización política dos nenos e nenas do colexio de Santa Cruz por parte da directo

 Oleiros, 16 de marzo de 2022-. A comunicación enviada a todos os pais e nais do alumnado do Colexio Parga Pondal na que se afirma que o día 10 de marzo non funcionou a calefacción é falsa. O Concello de Oleiros recibiu o aviso da avaría da calefacción ás 10:00 horas e, de inmediato, púxose en marcha novamente. Máis tarde, ás 14:00 horas, o Colexio comunica ao Concello que a calefacción seguía en funcionamento e non se apagara, quedando arranxada esta nova incidencia ás 15:30 horas.

 
É absolutamente lamentable a utilización dos nenos e nenas do colexio para o xogo político da directora do centro, que é concelleira do Partido Popular en Oleiros. O engano e a mentira, modus operandi habitual do PP, non é admisible cando do que se está a falar é do benestar do alumnado dun colexio público.
back link