Oleiros, 2 de agosto de 2013-. A XIX edición da feira de olería do municipio, máis coñecida como Alfaroleiros, vota a andar o próximo mércores día 7 no Parque Luís Seoane de Santa Cruz. A mostra reúne esta edición unha selección dos oleiros mais recoñecidos de todo o panorama nacional.
O Concello de Oleiros, a través Concellería de Cultura, desenvolve esta feira de alfareira tradicional que ademais pretende ofrecer unha alternativa de ocio para a comarca e promocionar turística e economicamente o nome do municipio. Alfaroleiros é unha feira de alfareiría tradicional que comezou no ano 1995, a raíz da posta en funcionamento do Museo dos Oleiros, que conta cunha colección única, doada ao Concello por José María Kaydeda e Teresa Jorge Antolín e que está situado Centro Cultural As Torres de Santa Cruz.
As pezas desta feria están expostas na herba do parque ao longo de cinco días, entre 10 da mañá e 22 horas, e na mesma zona verde os alfareiros ensinan e venden o seus traballos ao miles de visitantes. Neste edición contamos coa participación de 26 alfareiros. Este ano vistan oleiros artesáns de Galicia, Extremadura, Andalucía, Castela- A Mancha, Madrid, Valencia, e Castela-León. Ademais haberá alfareiros de Portugal e será a primeira vez que a mostra conte cun alfareiro de Cantabría.
Ademais, o punto de información do Concello proporcionará aos visitantes todos os detalles sobre a propia Feira, ademais de facilitar publicacións municipais, a cargo de persoal do Departamento de Cultura do Concello de Oleiros. Tamén se realizan demostracións do seu traballo, tanto no torno, como pintando e decorando. Así mesmo desenvólvese un obradoiro para os máis pequenos que gozan traballando no barro. O domingo ao longo da mañá haberá unha demostración de cabaqueiros (telleiros) que farán tellas de xeito artesanal. Estes artesans veñen do Rosal, zona onde se está recuperar este oficio.
Alfaroleiros completa a súa oferta cun divertido programa de actos paralelos á Feira de Oleria:
MÉRCORES 7
- Das 20:00 ás 22:00 h: Obradoiro de olería para nenos
e nenas no parque Luis Seoane
XOVES 8
- Das 20:00 ás 22:00 h: Obradoiro de olería para nenos
e nenas no parque Luis Seoane
VENRES 9
- Ás 20:00 h: Espectáculo de rúa para público familiar
no parque Luis Seoane. Panamesiana Teatro presenta
o seu espectáculo “Oh, que bonito é Panamá”.
- Ás 22:30 h: Concerto de O Sonoro Maxín. Praza
Esther Pita
SÁBADO 10
- Das 20:00 ás 22:00 h: Ludoteca de xogos tradicionais
a cargo de Xandobela no parque Luís Seoane.
- Ás 22:30 h: Concerto de Paco Lodeiro, Rosa Cedrón
e Sito Sedes: “Cantando a Galicia”. Praza Esther Pita
DOMINGO 11
- Ás 21:00 h: Peche da Feira.
- Ás 21:15 h: Actuación da Charanga DGT (Dende Galicia
Tocando). Parque Luis Seoane