Hemeroteca

Asset Publisher

Back La visita de la Ministra de Fomento provoca que la Delegación de Carreteras limpie de maleza el

Oleiros, 24 de maio de 2013-. A «visita» da Ministra de Fomento a Oleiros, cuxo «recibimento» terá lugar mañá nas inmediacións da glorieta da ponte da Pasaxe ás 12.00 horas, provocou que as persoas responsables da Delegación de Estradas do Ministerio de Fomento procedesen esta mesma mañá a limpar de maleza as zonas axardinadas e noiros anexos ao nó de comunicacións da N-VI xunto á ponte.

O Concello de Oleiros estima que desde a Xefatura de Estradas se pretende mostrar á ministra o correcto estado de revista en que se atopa esta zona. Así mesmo, o Concello lamenta que, como nos tempos de Franco, só se tomen este tipo de iniciativas ante a inminente presenza da autoridade competente. Como queira que, a presenza da titular da estrada de Fomento se debe a que tomará nota da problemática da N-VI ao seu paso polo municipio e á presentación de innovadores proxectos para o mantemento de infraestruturas, o alcalde ofrecerá un gran recibimento con todos os colectivos veciñais afectados.
 

back link