Hemeroteca

Asset Publisher

Back La presión vecinal hace recular a la Xunta en su decisión de recortar el transporte público en

Oleiros, 25 de marzo de 2011-.A presión veciñal fixo recuar a Xunta na súa decisión de recortar o transporte público na zona norte do municipio. Os responsables da Dirección Xeral de Mobilidade anunciaron onte que permiten autorizar á empresa Eliseo Pita realizar as mesmas viaxes que estaban facendo ata que a mesma Xunta os prohibiu o pasado 5 de marzo. Deste xeito, a empresa operará un total de 14 viaxes de ida e volta cunhas frecuencias horarias que comunican a zona norte co resto da comarca cada media hora.

Esta decisión tómase despois de que varios colectivos veciñais da zona norte, entre os que se atopa a Asociación de Veciños San Cosme de Maianca, anunciasen mobilizacións e enviasen queixas formais ao Goberno autonómico. A Xunta viuse obrigada a resolver o problema que ela mesma creara, onte mesmo o responsable da Dirección Xeral de Mobilidade recoñeceu que «o malestar xerado e a incomodidade era patente e desde ese punto de vista tratamos de ser o máis áxiles posibles». Este cambio de postura deixa en evidencia a improvisación da Xunta en materia de transporte no noso municipio, xa que no prazo dun mes pasou de prohibir o incremento das frecuencias dos buses a permitilas de novo.

O Concello móstrase satisfeito de que a presión dos veciños e veciñas e a postura inamovible do Goberno local, que esixía manter as frecuencias cada 30 minutos, consigan facer cambiar de parecer a Consellería. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sinalou esta mañá que desde o Goberno local se seguirá loitando para que o municipio conte cun bo servizo de transporte público.

back link