Hemeroteca

Asset Publisher

Back La habitación de la Música ofrece un concerto o sábado na Fábrica

Oleiros, 28 de febreiro de 2018-. Este sábado finaliza o V Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno co concerto de La habitación de la Música. O espectáculo comezará ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo, e as entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de dous euros.

La habitación de la Música, un grupo fundado en 2011 co propósito de facer versións de temas atemporais de jazz e bandas sonoras, presentará o sábado Canciones para Soñar. Charo Quicler (voz), Luis Peiteado (guitarra), Sergio Pena (baixo) e Juan Vigueret (batería e percusión de jazz), con arranxos propios, ofrecerán unha singular versión de Clásicos do Soul e do Pop-Rock.
 

back link