Hemeroteca

Asset Publisher

Back La Bandera Azul ya ondea en Santa Cristina

Oleiros, 27 de xuño de 2011-. A concelleira de Interior, Medio Ambiente e Seguridade Cidadá, María José Varela, izou esta mañá a bandeira azul que distingue con esta cualificación a praia de Santa Cristina. Ademais deste areal, Oleiros conta con este distintivo nas praias de Bastiagueiro, Mera e Espiñeiro. Ademais destas catro bandeiras azuis o Concello conta con outras dúas concedidas ao CEIDA do castelo de Santa Cruz e ao faro de Mera.

O Goberno local de Oleiros mostrouse satisfeito por que ondee por fin a bandeira azul no areal de Santa Cristina posto que se trata dun distintivo moi perseguido ao longo dos últimos anos. María José Varela manifestou que a cualificación de Santa Cristina é froito do exhaustivo traballo levado a cabo polo Goberno local para mellorar os seus servizos e velar pola calidade das súas augas.

back link