Hemeroteca

Asset Publisher

Back José Luis Gómez, María Cadaval e González Laxe presentan hoxe ¿Cómo salir de esta (II)¿ na Casa

 Oleiros, 20 de xaneiro de 2022-. O xornalista e veciño de Oleiros José Luis Gómez e a economista María Cadaval, autores de ‘Cómo salir de esta (II)’, presentan o libro hoxe ás 20:00 horas na Casa Charry. O acto tamén contará coa intervención do catedrático de economía da UDC e ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, e do alcalde, Ángel García Seoane.

 
‘Cómo salir de esta (II)’ é un título que require unha explicación de partida. A súa raíz é a mesma que a do libro onde o seu autor, José Luis Gómez, analizou en 2013 a saída da crise financeira de 2008, baixo o subtítulo: ‘España toca fondo. ¿Llega la reactivación?’. Así, pois, o xornalista que avanzara a crise española en 2007, sendo director da revista Capital, analizou nesa obra a saída da recesión.
 
Agora, este libro de Mundiediciones, o selo editorial do periódico Mundiario, con sede social en Oleiros, céntrase na segunda crise económica do século XXI, cunha dobre autoría, ao incorporar á profesora de economía María Cadaval, toda unha referencia na análise económica en varios medios de comunicación. Unha primeira conclusión de ‘Cómo salir de esta (II)’ é que a crise económica que trouxo a pandemia é máis intensa que a anterior pero que será menos duradeira.
back link