Hemeroteca

Asset Publisher

Back José Luís Gómez presenta «Cómo salir de esta» na Casa Charry

Oleiros, 5 de febreiro de 2013-. Mañá a partir das 19.00 horas presentarase no salón de plenos da Casa Charry o libro Cómo salir de esta, do xornalista José Luís Gómez. Neste libro o autor sostén que o problema de España é de crecemento, competitividade e produtividade, despois de que o estalido da burbulla inmobiliaria deixase o país sen o seu principal motor, a construción, e non atopase unha saída para suplir o baleiro que deixaba. Ademais, a crise sorprendeu familias e empresas cun nivel de endebedamento moi elevado.

José Luís Gómez conta cunha dilatada carreira nos medios de comunicación. Gómez traballou como redactor, xefe de sección, redactor-xefe e director do diario La Voz de Galicia entre 1982 e 1999. Posteriormente, foi director de Coordinación de Publicacións e de Comunicación do Grupo Zeta, ata 2003 onde se incorporou, en 1999, como director editorial da División de Prensa Diaria. Nos últimos anos fundou e dirixiu o diario Xornal de Galicia.
 

back link