Hemeroteca

Asset Publisher

Back Joaquín de Santa, Ana Ramil, Pablo Rodríguez e Mónica Rey gañan o premio literario Descubrindo

 Oleiros, 2 de marzo de 2022-. Esta tarde entregáronse nas Torres de Santa Cruz os premios do VIII certame literario Descubrindo Oleiros, nun acto que contou coa actuación de Ramiro Neira. Joaquín de Santa Pau García, Ana Ramil Castro, Pablo Rodríguez Gagino e Mª Mónica Rey Santiago foron as persoas gañadoras desta edición.

 
Na categoría de nenos e nenas de 3º e 4º de primaria presentáronse 44 relatos. Resultou gañador Joaquín de Santa Pau García polo relato A luz vermella.
 
Na segunda categoría, de 5 e 6º de primaria, presentaron os seus relatos 73 alumnos e alumnas, sendo o premio para Ana Ramil Castro por Se eu che contara. Concedéronse dous accésit a Ismael Souto Botana polo relato Aventuras nas Torres de Santa Cruz e a Jimena Toledo Piñeiro por Maruxa por Oleiros.
 
Na terceira categoría o gañador foi Pablo Rodríguez Gagino. Escribiu o relato Quen son...?.
 
O premio de adultos gañouno Mª Mónica Rey Santiago por O camiño da verdade. Outorgáronse dous accésits a  Orixes, de Pedro Santiago López Caamaño, e  a A illa da esperanza, de Antía Barreiro García.
 
As persoas premiadas recibiron un cheque de 200 euros para comprar en diferentes comercios de Oleiros que animan á lectura e fomentan a cultura galega. 
 
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza este concurso literario para promover o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio.  Desde o seu inicio estaba orientado ao alumnado de 3º de primaria ata 4º de ESO, mais este ano abriuse para maiores de 16 anos.
back link