Hemeroteca

Asset Publisher

Back IX Festival Rockanroleiros, 19 e 20 de setembro en Santa Cruz

Os días 19 e 20 de setembro celebrarase na Praza de Esther Pita, en Santa Cruz, o IX Festival Rockaroleiros, organizado polo Concello de Oleiros e a Asociación Músicoleiros.
 

Ás 20 horas do sábado comezará a edición deste ano coa actuación do grupo Gran Sol, para dar paso a continuación ás bandas Scarecröw e The Black Age, esta última, gañadora da batalla de bandas organizada pola Asociación Musicoleiros. Esta primeira xornada rematará co concerto ás 23.30 horas do grupo Los Rebeldes.

O domingo 20 será o día das bandas locais, que terán o seu espazo na sesión vermú que se celebrará entre as 13 e as 14.30 horas, para continuar pola tarde, de 16 a 20 horas.

Tamén o domingo, Rockanroleiros contará ao  igual que na edición anterior, cun mercado instalado na propia Praza de Esther Pita. 

A entrada é de balde.
 

back link