Hemeroteca

Asset Publisher

Back Irene Montero presentará o xoves Lúa nova nas Torres de Santa Cruz

 Oleiros, 13 de xuño de 2022-. O auditorio das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación da obra Lúa Nova de Irene Montero. Ademais da propia autora, na presentación intervirá a profesora de lingua galega Pepe Taboada e actuarán as pandereteiras Seixebre do grupo de Baile e Gaitas Santaia. 

 
Irene Montero, veciña de Santa Cruz, licenciouse en filoloxía e dedicase á comunicación corporativa. O xoves presenta a súa primeira novela Lúa Nova, coa que conseguiu gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. 
 
A obra está basada na pianista Lúa Lóngora, unha rapaza cega de nacemento e recoñecida no mundo enteiro polas súas habilidades co piano. Unha historia conmovedora que invita a reflexión cunha percepción da realidade mais aberta, inclusiva e respectuosa. 
 
 
 
back link