As obras centraranse, en primeiro lugar, na renovación integral da zona de xogos coñecida como o Rincón de Cecilia, un espazo moi singular dedicado á figura dunha pediatra exemplar que desenvolveu o seu labor en Oleiros durante moitos anos. Posteriormente, antes da chegada do verán, renovarase o pavimento das distintas rúas interiores do parque. O firme presenta un notable deterioro causado, principalmente, polas raíces das árbores, o que obrigará tamén á substitución de exemplares.
O investimento total destas actuacións ascende a 352.000 euros.