Oleiros, 09 de agosto de 2016-. Na noite do sábado para o domingo produciuse un intento de roubo no aparcadoiro da praia de Bastiagueiro. Un grupo de delincuentes sen identificar empregou unha radial para cortar pola base os parquímetros e quitalos do seu sitio. Por sorte, os cacos non conseguiron completar a súa acción delictiva.
O intento de roubo ocasionou danos ás máquinas, que non puideron ser utilizadas con normalidade na xornada do domingo. Esa situación provocou importantes colas á hora de pagar polo estacionamento. O alcalde denunciou publicamente estes feitos e lembrou que a recadación das máquinas da ORA é recollida todos os días ao finalizar a xornada de estacionamento regulado.