Hemeroteca

Asset Publisher

Back Inminente licitación da obra de ampliación da ponte de Arenaza

 Oleiros, 4 de outubro de 2021-. A Deputación da Coruña aprobou a contratación das obras de construción dunha pequena ponte en Iñás, nas inmediacións da urbanización Arenaza sobre a estrada provincial que vai de Oleiros a Pravio, para dar saída as augas que desde o linde con Sada baixan cara a ría do Pasaxe. A Deputación, a petición do alcalde Ángel García Seoane, financiará esta obra na súa totalidade, non necesitando expropiar terreos dado que nas dúas cabeceiras da ponte hai parques municipais. 

 
Esta é unha actuación moi necesaria para acabar cos episodios puntuais de inundacións e desbordamentos nesta zona. A licitación abrirase nos próximos días por importe de 106.475,99 euros.
back link