Hemeroteca

Asset Publisher

Back Inauguración da mostra de debuxo e pintura NosArte realizada por nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán

O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 16 ata o 28 de maio a mostra de pintura debuxo e pintura NosArte relaizada por nenos e nenas dos colexios de Nós e Perillo dirixidos pola artista e docente Laura Gualda.

Trátase dunha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán que asisten ás clases de NosArte: arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura Gualda, docente e artista desde hai 16 anos. Nesta exposición, conmemorativa do Día das Letras Galegas, tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte. 

A inauguración da mostra terá lugar o venres 16 de maio ás 20:00 horas no Centro Cultural A Fábrica en Perillo (Rúa do Inglés, 13).
 
O horario de visita á exposición será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.

A entrada é libre.

back link