Hemeroteca

Asset Publisher

Back Inaugúrase o novo campo de fútbol municipal de Iñás

Oleiros, 26 de agosto de 2017-. O Concello de Oleiros realizou esta tarde o acto público de inauguración do campo de fútbol municipal de Iñás. Centos de persoas abarrotaron as gradas do novo recinto nunha xornada de portas abertas na que Atlético San Pedro e Marino de Mera puxeron o colofón coa disputa da final do Trofeo Concello de Oleiros.

As obras realizadas nesta instalación tiveron un custo total de 788.247 euros, que sufragou o Concello de Oleiros. O campo foi dotado de céspede artificial, novos vestiarios, grada cuberta, torres de iluminación, peche e un acceso pavimentado.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacou durante a súa intervención o forte investimento que realizou o Concello de Oleiros nesta instalación e resaltou tamén a importante infraestrutura futbolística pública existente no municipio con catro campos de herba sintética para a práctica deste deporte.
 

back link