Hemeroteca

Asset Publisher

Back Inaugúranse as novas instalacións da biblioteca de Nós

23 de Decembro de 2010

O acto, que contará coa presenza de Ángel García Seoane e outros membros do Goberno local, terá lugar ás 12.00 horas

Oleiros, 23 de decembro 2010-. O Concello de Oleiros inaugura este domingo día 26 as novas instalacións da biblioteca Ánxel Fole de Nós. O acto, que contará coa presenza de Ángel García Seoane e doutros membros do Goberno local, terá lugar ás 12.00 horas.

O Concello de Oleiros está a mellorar as instalacións da biblioteca Ánxel Fole de Nós. Esta sala, situada na casa do pobo de Nós, contaba con 85 metros cadrados de superficie e pasa a dispoñer preto de 200 metros cadrados para desenvolver actividades. Para realizar esta ampliación o Concello está a utilizar os metros da sala onde se encontraba situado o consultorio médico de Nós, que foi pechado recentemente tras a entrada en funcionamento do centro de saúde da Covada. Ademais ampliáronse o número de postos de acceso a Internet, polo que cando remate a obra haberá oito novos postos para navegar pola rede. O horario de apertura será de luns a venres das 16.00 ás 20.00 horas.

Esta obra executouse co traballo dos operarios municipais, o que permite minimizar o gasto da obra, axilizar a súa xestión e evitar a tramitación dunha contrata externa.

back link