O Consorcio das Mariñas está a instalar os novos colectores marróns en todas as parroquias do municipio. Actualmente estase a repartir, porta por porta en diversos núcleos do municipio onde xa se instalaron os colectores marróns, o material necesario para separar os biorresiduos na casa: un caldeiro marrón de 10l, bolsas biodegradables, folletos informativos e a tarxeta de acceso ao colector; que será indispensable a partir do 31 de marzo para poder abrilo e depositar os residuos.
A implantación dos colectores será progresiva, co obxectivo de acadar os 300 colectores operativos á maior brevidade posible. Con este novo sistema, búscase mellorar a calidade dos residuos orgánicos e avanzar cara unha xestión máis sostible .
Desde o Consorcio das Mariñas infórmase que unha vez rematado o reparto porta a porta, o material (caldeiro, tarxetas de acceso e bolsas) ficarán emprazados na Nave de Servizos Municipais do Concello de Oleiros (rúa Río) para que os veciños e veciñas poidan pasar a recollelo no caso de que non lle chegara á súa vivenda.
Poderase consultar máis información e detalles no teléfono 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org, ou cubrir a solicitude do material en https://consorcioam.rsu.gal